viernes, 28 de junio de 2013
SITUACION ALARMANTE NO NACEMENTO RIO LIMIA
ASUNTO: SITUACION ALARMANTE NO NACEMENTO RIO LIMIA
EXPÓN
A delegación en Ourense da Asociación para a Defensa da Natureza de Galiza (ADEGA), ven de tomar coñecemento, por medio de informacións veciñais, dunha situación alarmante no CONCELLO DE SARREAUS (monte Talariño, Alberguería, puntos quilometricos 15-16 da estrada OU-113 no nacemento do río Limia), que afecta o nacemento do río Limia. Carente de sinalización e protección de ningún tipo, as primeiras augas dun aínda incipiente Limia discorren baixo terra durante os primeiros metros, ata dar orixe a unha primeira corrente que arma o regato de Freixo. Posteriormente é o Mourenzo para, á altura da localidade de Perrelos de Sarreaus, denominarse xa Río Limia e entrar en Xinzo. A surgencia do Limia vese ameazada por unha curiosa plantación dun centenar aproximado de eucaliptos, que, colocados a un metro uns doutros, nin respectan o espazo establecido entre este tipo de plantas nin a distancia mínima a calquera surxencia.
Previsiblemente trátase da avanzada dunha prantación máis ampla que se estenderá por este terreo, xa perfectamente adecuado para continuar estes labores, o que ameaza seriamente a surxencia orixinaria do río Limia. XUNTAMOS MAPA.
De acordo coa Lei 27/2006, de 18 de xullo, que regula os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE) solicito me resposten a información demandada.
Por todo isto, SOLICITA;
A información solicitada é relativa a esta lamentable situación que afecta o nacemento do río Limia, xa que o eucalipto (folla de auga) e unha arbore caracterizada polo altisimo poder de captación de augas, podendo esta prantación sercar a cabeceira deste río Limia, pedimos que tomen medidas urxentes para a protección da surxencia do río Limia.
Esperando nos informen da tramitación que se lle dea, despedímonos cordialmente.
En Ourense, 10 MARZO, 2013
XUNTA DE GALICIA. CONSELLARIA DE MEDIO RURAL E MAR. DELEGACION OURENSE.
RÚA FLORENTINO CUEVILLAS, nº 4, CP 32003 OURENSE
-TAMEN VAI A CHMS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario