viernes, 28 de junio de 2013

EUCALIPTOS PERIGOSOS EN OURENSE

ASUNTO: SOLICITUDE CORTA DE EUCALIPTOS NO CAMPO DA FEIRA EXPÓN A delegación en Ourense da Asociación para a Defensa da Natureza de Galiza (ADEGA), ven de tomar coñecemento, por medio de fortes queixas veciñais, dunha situación de perigo no campo da feira de Ourense, na zona termal, polo referido polos denunciantes (xuntamos 2 fotos), existen unha serie de eucaliptos de gran porte que ameazan con derrubarse sobre edificacións do campo da feira e producir unha gran desgracia. Como é sabido desde esta asociación ecoloxista temos criticado certas actuacións, talas e desmoches de especies arboreas de xardinería, neste e outros concellos ourensans, por que nos parecían un tanto fortes, pero neste caso e tratandose dunha planta invasiva e aloctóna, como é o eucalipto, que ten causado moito mal a biodiversidade galega, e que reina sobre os montes galegos espaiandose como unha praga con cada lume forestal. De acordo coa Lei 27/2006, de 18 de xullo, que regula os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE) solicito me resposten a información demandada. Por todo isto, SOLICITA; Que sexan talados todolos exemplares de eucaliptos do campo da feira polo gran perigo que supoñen e que xa esta comprobado nos feitos, xa que os informantes falaron dunha persoa ferida por unhas gaias do eucalipto. Solicitamos tamén unha plantación de arbores autóctonos galegos na zona de pequeno porte que permitan o alegre rexurdir da natureza neste espazo de lecer. Esperando nos informen da tramitación que lle dea, despedímonos cordialmente. En Ourense, 14 ABRIL, 2013 Asdo.: Xan Carlos Fernández Rodríguez CONCELLO OURENSE

No hay comentarios: