jueves, 24 de septiembre de 2009

27, de setembro XORNADA DE LIMPEZA DE RIOS EN OURENSE



Tes unhas botas na casa?
2ª limpeza simultánea dos ríos galegos


Despois do éxito da primeira xornada de limpeza en ríos en 2008, repetimos a experiencia este domingo 27 de setembro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos e distintas entidades e asociacións. Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Plásticos e entullos son elementos case habituais nos cursos fluviais. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade dun día. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir.
Así que xa sabes: para este domingo 27, tes unhas botas na casa?O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademáis de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.

Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona

ADEGA-OurenseXan Carlos629 635 945



ANACO DO PROXECTO INTEGRAL PARA SEIXALBO
por Andrés González Seara


2. OS CAMIÑOS
Estreitamento releacionado co obxectivo anterior está o das vias de comunicación tradicionais: non só hai que valoralas como unha herdanza, senón tamén darlles un setido paráctico: hoxe en día un itenerario de camiños pionís rodeado de gragas a catro quilómetros da cidade é un luxo, primeiro para os veciños, despois para quen queira vir. Para isto proporémonos entre todos: 1) Limpar e manter limpos de maleza todos os camiños, entendendo por maleza, soamente as plantas que impidan o paso, non se deberia deixar nin un só, por pequeno que fose, sen limpar ou sinalizar. Ao mesmo temo que se roza e se van quitando as pedras guindadas no medio do camiño, tamén se sacaría todo o lixo e todos os cascallos. 2) Sería boa cousa deseñar e facer tuas de senderismo polos camiños e recunchos de Seixalbo e teros itinerarios, cos seus camiños ben sinalizados. 3) Os camiños que fosen dar a área recreativa fluviar debería ter un paseo acondicionado, de madeira elevado un chisco do chan para que sexa máis doado camiñar.


5. O BARBAÑA
O río Barbaña foi o lugar de lecer de xeracións enteiras, ademais de prover de peixes os veciños. Pretender o segundo hoxe en día é algo absurdo, pero ó primeiro obxectivo pensamos que non deberiamos renunciar baixo ningún concepto: calquera vila ou lugar que pretenda ser atractivo, sobre todo no verán debe contar cunha zona de recreo natural á beira dun río ou regato. Para comzar hai que acometer a limpeza das augas do Barbaña: é un elemento clave dentro deste proxecto. 1) Abordarase primeiro a revisión das súas ribeiras desde o seu nacemento, documentarse e cursaranse as denuncias precisas. A insistencia diante das instancias pertinentes e a vixianza continuada serán imprescindibles a hora de conseguir este difícil obxectivo. 2) Por outra banda, hai que limpala de "cascallos" lixo e maleza as súas ribeiras, de xeito tamén periódico. 3) En canto ós outros regatos que verten as súas augas ó Barbaña son indispensables para que o cauce manteña, dentro do posible unha regularidade, ademais constituúen en si mesmos un hábitat de fauna e flora que a lei protexe. Polo tanto, cómpre facer un estudo do seu curso para que estes libre de atrancos (tuberias, cascallos, etc) que lles impidan desaugar, xa que moitos pozos, lameiros ou humedais secan ou secaron a causa de pequenas obras que se consideraron inofensivas.


lunes, 13 de julio de 2009

ADEGA DENUNCIA ACTUACIONS SALVAXES DE IBERDROLA NO RIO SIL


Os colectivos que forman a Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra, entre eles ADEGA, veñen de solicitar a paralización urxente das obras do proxecto Santo Estevo II e un novo estudo de impacto ambiental que reflexe axeitadamente as graves afeccións ambientais e turísticas deste delirante proxecto de IBERDROLA.
comunicado da PlataformaCOMUNICADO DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIBEIRA SACRA
Os aquí presentes queremos chamar a atención sobre esta paisaxe singular galega que é a Ribeira Sacra.
Os ríos e as montañas forman eiquí unha combinación característica que é o sinal de identidade dunha zona que cada vez atrae máis visitantes ocasionais e mesmo novos residentes que contribúen a frear o despoboamento e a manter viva a paisaxe.
Sen embargo este lugar residencia de numerosas especies protexidas tanto animais como vexetais, entre as que salientamos a aguia real e o lobo, vese ameazado polos proxectos de ampliación das turbinas dos distintos encoros que promoven Iberdrola e Unión Fenosa.
Iberdrola e Unión Fenosa equivócanse pensando que poden impor os seus proxectos baseándose nos ingresos económicos que lles proporcionarán aos seus accionistas privados. Equivócanse porque nin producen nin van producir ningún beneficio económico cos novos proxectos.
Unicamente están interesados no seu lucro persoal incesante aínda pasando por riba dos habitantes da Ribeira Sacra. Resulta indecente que estas empresas publiciten a súa sustentabilidade cando se amosan insensibles ás demandas da xente que defende a integridade da paisaxe e o seu modo de vida.
Os proxectos destas compañías son cinco en total: Os Peares, Belesar, San Pedro, Santa Cristina e Santo Estevo. Destes cinco proxectos unicamente o denominado Santo Estevo II está aprobado.
Os demais son proxectos que a administración galega e estatal están a tempo de parar e declaralos incompatibles coa conservación dos recursos naturais.
O proxecto de Santo Estevo II foi tramitado con total oscurantismo por parte das administracións responsables, o Ministerio de Industria e o Ministerio de Medio Ambiente.
Nin colectivos ambientalistas nin colectivos veciñais, nin os concellos afectados foron informados debidamente para coñecer o proxecto e máis pór de manifesto as alegacións e os puntos en desacordo co proxecto.
Non se pode tramitar un proxecto de tal embergadura e influencia en varias comarcas sen informar nin consultar aos cidadáns. O inicio das obras do proxecto Santo Estevo II que tivo lugar en Outubro de 2008, foi anterior á concesión da pertinente autorización do Ministerio de Industria (publicada no BOP Ourense de data).
A concesión da licenza municipal de obras por parte do Concello de Nogueira de Ramuín ten que concederse cando todos os permisos estean tramitados e sen embargo obvia na súa concesión a carencia desta licenza do Ministerio de Industria candomenos.
Por estes feitos solicitamos que se paralicen inmediatamente as obras do proxecto Santo Estevo II e que se tomen as medidas que sexan necesarias polo incumplimento da legalidade vixente. Solicitamos ademais que se reinicie o procedemento de avaliación de impacto ambiental do proxecto Santo Estevo II pola carencia de información pública axeitada que limitou totalmente o acceso á información sobre o proxecto.
Temos dereito a ser escoitados pola administración responsable e a solicitar que a Ribeira Sacra manteña intacta a súa paisaxe para que todos e todas poidamos disfrutar dela pero sobre todo para que tamén poidamos vivir e traballar eiquí. Nestes momentos aínda estamos a tempo de Salvar a Ribeira Sacra e queremos dicir ben alto “Isto é un atentado ecolóxico, salvemos a Ribeira Sacra”. gonzalo blancoinformador ambientalADEGA-ourensemais informacionhttp://www.adega.info/
alcalde culpable do que pasa!!!
OBRAS EN LOS CAÑONES DEL SIL
No hay daño que por bien no venga
Rosa Veiga/EFE
El alcalde de Nogueira de Ramuín considera que los perjuicios que ocasionen las obras de Iberdrola en la ladera de los cañoles se compensa con el coste de la licencia y los empleos que se generarán.
Iberdrola tiene desde 2006 el proyecto de redimensionar su presa de Santo Estevo, en el río Sil, para duplicar su producción energética, con la instalación de turbinas subterráneas en la ladera.El día 30 de julio de 2008 obtuvo la licencia municipal para una primera fase que consiste en construir "galerías de reconocimiento del macizo rocoso en suelo rústico de espacios naturales protegidos", con un máximo de tres años para hacerlas. En la licencia consta una tasa de 9.600 euros y otra correspondiente a un impuesto de construcción cuyo valor es 105.625 euros para esta primera fase, pero se completará con otra que seguirá las obras durante cinco años y supondrá un ingreso para el Ayuntamiento de un millón de euros, sólo en licencias, según Temes.Ante las denuncias y quejas de grupos ecologistas y empresariales, unidos en la Plataforma en Defensa de la Ribeira Sacra, el regidor de Nogueira de Ramuín (D.Temes) dijo que las obras son "legales" y beneficiosas, aunque no cubrieron hasta ahora las expectativas de empleo local creadas por la empresa, "pero esperamos que lo hagan en la siguiente fase del proyecto, cuyas autorizaciones están en trámite", matizó. Con estos argumentos, Temes consideró compensados los daños provocados por las actuales obras, iniciadas en octubre de 2008, como la desaparición de cinco de los 15 kilómetros de la carretera que recorre el cañón del Sil entre Os Peares y el embarcadero del catamarán de Santo Estevo. Son cinco kilómetros de carretera en el monte de A Rasa, que están casi inutilizados para los vehículos por el continuo paso de camiones pero ese tramo del vial es propiedad de Iberdrola, según explicó, y "muy poca cosa" en relación a los 30 kilómetros de Ribeira Sacra que hay entre Os Peares y Pobra de Trives.VISIÓN ECOLOGISTAPor su parte, el presidente de la Fundación Germán Estévez, con el mismo nombre, explicó que la obra se desarrolla en un espacio protegido por la Red Natura para perforar la montaña e instalar turbinas subterráneas que dupliquen el rendimiento de la vieja presa de Santo Estevo construida en 1955 "cuyos daños serán mucho mayores que la construcción de una presa nueva".Añadió que el colectivo pidió a la Dirección General de Minas la revocación de su autorización para el uso de maquinaria pesada pues se está tramitando la declaración de Espacio Natural Protegido en la Xunta, para 56.000 hectáreas de la Ribeira Sacra y porque las obras se encuentran a un kilómetro del parador-monasterio de Santo Estevo declarado monumento histórico-artístico.Además, la Asociación de Defensa Ecolóxica de Galicia Adega, (http://www.adega.info/) llevó su denuncia hasta la Unión Europea .
El alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, asegura que los posibles perjuicios que ocasionen las obras de la compañía Iberdrola en una ladera de los cañones del río Sil "se compensan con el millón de euros que cuesta la licencia de obras y por los empleos prometidos por la empresa".
El alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, asegura que los posibles perjuicios que ocasionen las obras de la compañía Iberdrola en una ladera de los cañones del río Sil "se compensan con el millón de euros que cuesta la licencia de obras y por los empleos prometidos por la empresa".

Ver imagen en tamaño completo1145 x 764 - 624 KB - jpg - www.iberdrola.es/webibd/gc/prod/es/comunicaci...La imagen puede estar protegida por derechos de autor.A continuación se muestra la imagen tal como aparece en: www.iberdrola.es/webibd/corporativa/iberdrola... CULPABLES DA SECA NA RIBEIRA SACRA O DUO FEIJO E GALAN... UNHA ADMINSITRACIÓN ENTREGADA A UNHA EMPRESA ALLEA OS INTERESES GALEGOS!!!!

domingo, 5 de julio de 2009

Noxentas touradas en Muiños

touro sentado

ADEGA demanda explicacións a Industria por financiar un espectáculo de tortura animal Ourense 31 de Xullo de 2008. ADEGA vén de enterarse que a Dirección Xeral de Turismo, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, figura entre os colaboradores do programa de actividades das “Festas das Sopas do Burro Cansado” a celebrar no concello de Muíños o vindeiro 2 de agosto. Nestas “festas” prevese a celebración dun espectáculo de tortura animal consistente “Nunha Grande Tourada cos Forçados de Azambuja-Portugal e Rexoneo a Cabalo”. --------------------------------------------------------------------------------ADEGA considera intorelábel e incoherente que unha consellaría dependende dun partido político, o BNG, que sempre se opuxo, mentres non se diga o contrario por parte dos seus actuais voceiros, a este tipo de espectáculos onde se tortura e maltrata aos animais, negándose esta formación a colaborar ou mostrar a mínima simpatía con estes eventos, mostrando o seu repudio expresado en múltitude de comunicados e actitudes. Críticas ao Alcalde de Muíños ADEGA expresa o máis profundo desprezo político e persoal para co alcalde de Muíños quen, ano tras ano, organiza espectáculos de tortura e maltrato con animais, dando exemplo vergoñento dun concello enclavado, na maior parte do seu territorio, nun Parque Natural pertencente a Rede Natura 2000, con importantes deficiencias medioambientais (a data de hoxe permanece pechado o seu Punto Limpo de Recollida de Residuos), con vertedoiros ilegais espallados polo municipio e un deficiente saneamento das augas residuais. Entre os colaboradores tamén figura a Deputación de Ourense e o Inorde. mais informacionwww.adega.info(que vergonza parece que estalles a sobrar os cartiños no concello de Muiños)cal e a diferencia de gasto entre as achegas de bois e estas touradas?