viernes, 28 de junio de 2013
PETICION DE ADEGA CONTRA ACACIAS INVASIVAS
ASUNTO: PROLIFERACION INVASIVA ACACIAS CAÑIZA-ALTO PERARES
EXPÓN
A delegación en Ourense da Asociación para a Defensa da Natureza de Galiza (ADEGA), ven de tomar coñecemento, por medio de informacions referentes a expansión sen control de acacias, textualmente o informante comunicou o seguinte: Estiven a viaxar con frecuencia pola provincia de Ourense e decateime (o que non é dificil sobre todo nestas datas) da elevada presencia de mimosa (Acacia dealbata) nunha ampla extensión comprendida entre a Cañiza e o Alto dos Peares. ¿Está esta pranta catalogada como especie invasora?,e se é así, ¿a quen compete a súa retirada?. O meu entender esta planta supón unha seria ameaza para a flora autóctona, xa de por si ameazada.
De acordo coa Lei 27/2006, de 18 de xullo, que regula os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE) solicito me resposten a información demandada.
Por todo isto, SOLICITA;
A información solicitada é relativa a esta situación xa que esta especie esta moi estendida con gran capacidade de invasión en diferentes lugares; ocupa amplas zonas, creando un horizonte monoespecífico. Ten un alto potencial alelopático que dificulta a xermolación doutras especies. Ademais, parece clara a súa vocación pirófita, xa que favorece a proliferación de lumes forestais. Pedimos traballos de corta nesta zona e outras onde este invadindo o monte, para favorecer a biodiversidade e impedir a proliferación de lumes, xa se sabe que os lumes apaganse no inverno con prevención e traballos.
Esperando nos informen da tramitación que se lle dea, despedímonos cordialmente.
Ourense, 22 febreiro de 2013
Xunta Galicia Consellaria Medio Rural e Mar. Delegación Ourense
Rúa Florentino Cuevillas, nº 4, 32003 Ourense
--------------------------------------------------------------------------------
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario